Estas axudas, que se asignarán por concorrencia non competitiva, inclúen a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos investimentos realizados.

Os apoios destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de medios de protección e hixiene para o persoal e clientes do establecemento, así como medidas de reforzo de limpeza e desinfección dos locais; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.

As axudas a establecementos de hostalería e restauración, axencias de viaxes e outros locais turísticos, cubrirán o 100% de investimento, ata 1.200 euros dende un mínimo de 300 euros. Irán destinadas a establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 metros cadrados. Tamén contarán con apoios do 80% do investimento a pemes de menos de 50 traballadores desde un mínimo de 1.500 euros ata un máximo de 3.750.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad